30.11.10

Hai que ir pensando noutros camiños

De acordo. Somos os culpables da crise e teremos, xa estamos a pagar por elo. Evidentemente non teríamos que ter comprado o piso sabendo que non íamos poder pagar a hipóteca. Polo visto Gayoso e Méndez tampouco o sabían pero eles siguen podendo pagar varias hipótecas.
Somo os que inflamos a burbulla inmobiliaria empeñados en pagar prezos descomunais cando o noso papel sería ter invertido en fondos de inversións australianos que compran Reganosas modificando asi a estructura productiva do pais. Claro que Touriño e Feijoo tampouco o sabían e gastaron e gastan cartos que non teñen para acabar o mausoleo de Fraga tamén coñecido como Cidade da cultura . Xusto cando a vil economía do ladrillo está en horas baixas unha morea de alcades e tenientes inventan a economia pública do... ladrillo.
Os vellos sempre miraron revirados ó da compra a prazos e nos veña a usar tarxetas de crédito e a financiar coches a cinco anos. Pero os nosos concellos, deputacións e mesmo o goberno non paran de pedir financiación a esa cousa chamada "mercados". E o caso é que os mercados funcionan de maneira que os cartos prestados levan un interese que imposibilita a cancelación da débeda. E así sempre estamos nas máns dos tales mercados que prestan para pagar os intereses do que prestaron antes. Resultado: algúns sempre estaremos no pufo.
E ainda falta o mellor: para incentivar a economía van impulsar a privatización dos servicios públicos. Ou sexa que en nome da eficacia van pedir prestados máis cartos para que "os mercados" podan seguir cobrando intereses aos nosos fillos a aos fillos dos nosos fillos.
A todo isto "os mercados" non son extraterrestres teñen nome e apelidos e razón social pero a que non adiviñan quen vai pagar todo isto? Efectivamente, nos.
Conviría ir pensando que asi non se soluciona nada. Hai outros camiños

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.