30.8.10

Embarazados

Dentro de nove meses a cidade parirá un novo/a alcalde/sa. Deberíamos estar ilusionados pero non. A verdade é que xa coñecemos as posibilidades e tanto nos dá que sexa neno ou nena. Tampouco confiamos en que traia un pan por baixo do brazo. Como moito haberá algúns cambios no cuarto do neno/a e teremos que rascar o peto para darlle uns antoxos.
Estes nove meses serán noxentos e teremos que escoitar, de novo, os bos desexos dos que xa poderían facer balance de realidades. Aparecen, iso sí, personaxes conxelados que aproveitan o ruido da festa para facerense notar.
E os encargados de contalo xa toman subvencións, digo, posicións. Na Voz hai un moneco de Caballero donde non cabe un alfinete mais e a ilegal TeleVigo acapara audiencias con "Aló Alcalde" mentras o grupo RadioVigo cobra a todos e aloumiña a Corina, Chema e Louzán.
Nalgún lugar hai sete ou oito mil cidadáns e cidadás que agardan para atopar a cuarta pata do banco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.