27.7.10

Relato de verán

Toldo da comisión. Mediodía. Fala Paulino: pantalón curto do alcampo e camiseta co nº 9 de Ronaldo. Escoitan catro parroquianos: pantalón de tergal e camisa branca.
- ...pero, mecago en ningún dios, como vai ganar un rapas 600.000 euros nun mes? Iso non o ganaba eu nin en 20 anos velando tódolos dias en Vulcano!! Dan catro patadas e, veña, unha millonada ó peto e un mátase a traballar toda unha vida e lle dan unha pensión de merda a ainda por enriba agora non a suben. Sabes o que che digo, que se fora eu, mandaba o futbol ó carallo e metia a todos eses a limpar os montes.
Chega David. 8 anos. Camiseta oficial da "roja". Zapatillas "adidas"
-Que dice la abuela que vengas, que vamos al Carrefú.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.