24.5.10

En Conserva, proxecto artístico sobre a fábrica de Massó

O proxecto ‘Enconserva’ nace co fin de crear un espazo común para que os artistas do Morrazo e do entorno da Ría de Vigo poidan exhibir as súas creacións de forma aberta ao resto dos cidadáns e fóra das salas de exposicións tradicionais.
O principal obxectivo da iniciativa céntrase en promover unha exposición colectiva onde teñan cabida as distintas
disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, ilustración, vídeo, teatro, literatura e música, entre outras. Cada artista que desexe unirse ao proxecto poderá participar cunha peza da súa creación, que logo será exhibida ao público nun evento que combinará mostras, proxeccións e actuacións en directo...
[lér máis]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.