31.3.10

Quen manda ?


O Banco de España é quen marca ritmos e condicións. Feijoo fala e fala sempre por detrás dos acontecementos. A Conselleira ten que mendigar unha sinatura. Os alcaldes fan "brindis" ó sol. A Voz empurra para defender o "lobby" coruñes e Prensa Ibérica mantense equidistante (un faro en Vigo e unha opinión na Coruña)
Eles, os responsables da desastrosa situación financieira das caixas, seguen pelexando.

-Mendez: Esixo a dirección financieira para o meu fillo.
-Gayoso: Non venderemos R a menos que o meu fillo teña garantido o seu posto.

Pero as veces recuperan o consenso
-Mendez. Cerramos 500 oficinas
-Gayoso. De acordo e pedimos 3000 millóns do FROB, do Fondo de garantía ou de donde sexa.

Alguén dixo que isto faise para que Galicia non perda o seu aforro e manteña un posto destacado no mapa financieiro? Pero de que falan cando falan de Galicia?

4 comentarios:

  1. Até o de agora en Galicia mandaron coma faraóns os dous de arriba.
    Semella que de agora en diante manda un tal "euro", que non para de escapar e vailles poñer en cintura os dous de arriba, o de abaixo e a todo dios.
    Se faltan cartos remata a tontería.

    ResponderEliminar
  2. Que vai rematar, estos nos levan por diante.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo4/4/10 12:08

    De que falan? Preguntallo ti o Abel que o tes moi preto e mostra moito interes

    ResponderEliminar
  4. Anónimo8/4/10 22:21

    menudo pico el de la firma de la conselleira. Esa mujer es pura agresividad...

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.