14.11.09

Mani e post-mani


1 comentario:

  1. Lara á cadea16/11/09 11:11

    Un apunte coa referencia da recente sentenza do supremo en Marín. No caso de Marín, utilizouse o plan especial -documento de ordenación urbanística- para planificar e sustentar unha ampliación do porto a base de recheos -iso lle correspondería a un plan de usos e a un plan de infraestruturas-. Ademais diso, nin o plan especial nin as obras que se fixeron tiveron os adecuados informes de impacto.
    A sentenza do supremo é clara: as ampliacións portuarias debían estar reflectidas nun plan de usos PREVIO ao plan especial e, no momento no que se redactaron, ser sometidos a informe de impacto.

    No caso de Vigo, non hai plan de usos -en Marín haino pero non contemplaba a ampliación- polo tanto todo o que se fai no porto dende 1992 é ilegal. O plan especial para o concello de Vigo -este si existe- non pode sustentar legalmente nin o recheo do Areal, nin o de Bouzas. Non hai ningún plan especial máis para ningún outro concello da ría, asi e todo as previsións de recheos son de 200.352 m2, con 32.881 deles en Rede Natura, e 1.270 prazas máis de amarre dependentes da APV: a prepotencia e impunidade da autoridade portuaria é total, a xustiza debera poñer con firmeza as cousas no seu lugar.

    E outra cousa moi importante: a data de hoxe o necesario plan de usos debe pasar por avaliación ambiental estratéxica, é dicir, comezar o seu deseño tendo en conta o factor ambiental, as posibles alternativas e a participación cidadán.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.