23.5.09

A "superdelegadinha" de Vigo ou de Dr. Carracido


Dispois de que Feijoo derogara na práctica o decreto do 1 de maio coa nova estrutura territorial da Xunta, nas suas declaracións en Pontevedra confirmando o que xa adiantara Telmo Martín, a nosa muller do Calvario será delegada (con salario de directora xeral) de tres consellerias nada máis. Iso sí, terá un secretario/a territorial (con salario de subdirector/a xeral), un gabinete de seis persoas, e dous conductores, cando coa estrutura anterior teríamos tres delegados/as e tres conductores,e sen gabinetes. Aínda nos levaremos sorpresas cando aparezan as novas estruturas orgánicas con novos postos, mais diso xa falaremos no seu momento...; agora ben... CORINA donde estás... que no te veo..?.
E qué dicir do papelón do BNG de Pontevedra en pleno arrebato localista co manporrero silencio do BNG de Vigo? E o novo portavoz nacional do BNG, concelleiro en Pontevedra, cando só opina de Vigo e non de Pontevedra... E que conste que a nova estrutura --fenecida-- non era mala idea e podíanse aforrar cartos, que como di Marcos Andión "dejemonos de caralladas y hablemos de la pasta" é importante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.