23.1.09

CON la VENIA

O noso iluminado alcalde, que se segue a gustar moitísssimo, acaba de anunciar que ao Celta -e máis agora que ven da man da todopoderosa caixanova- o que pida. O convenio vixente de cesión das instalacións municipais (Balaídos, Madroa) ao Celta -en condicións tipo “quetecagas”- remata en 2014 e, no medio do proceso concursal no que se atopa o clube, convén clarexar cómo está un asunto tan vital como as infraestruturas coas que conta o moribundo.
Acostumado a falar de ti a ti só cos deuses, Caballero Primero ignora aos pobres mortais que conviven con il o día a día. Aínda que pareza mentira, o tenente Santi dixo ben esta vez o de que sen eles non haberá convenio co clube senlleiro da cidade, e pide lóxicas compensacións aos responsables da sociedade anónima que se vai beneficiar da operación.
Pero a munición que o tandem Mouriño-Gayoso precisaba xa está no seu poder. Un protocolo “de intencións” que o alcalde traballou (por dicir algo) co seu servidor obediente e ban pagado Font, pasando do resto, servirá para acreditar a viabilidade da operación en canto que manifesta que, de feito, o club ten estadio, campos de entrenamento e o que faga falta como se foran da súa propiedade. O convenio virá despois e, ¿quen será o desalmado que, por catro patacos -luz, auga, céspede, catro tendas, ...- vai impedir a existencia da nosa marca máis internacional?.
Núñez, Gómez, Mouriño (uff), Pérez, Príncipe, Castrillo, Porro, Caballero, pero sempre Gayoso (non Ana, o da galega non, o outro).
Como sempre, o de sempre

4 comentarios:

  1. Sí claro todo pra a empresa do mexicano e de portas adentro, mentras tanto os Venrres as nove da noite as alcantarillas polos aires ca forza da auga da chuvia, claro iso non da votos o parecer pra o Abeliño e iso que o seu secretario anda sempre pola zona de noite. Na zona xa gastara unha morea de cartos aquel inutil concellal de obras da caida en desgracia-política loliña, ¿Como se chamaba... HA! sí o que papaba o marisco no Basilio de Coruxo cos das concesionarias que racharon toda-las ruas pra meteres os cabres telefonicos ¡¡UXIO!! Tamen coñocido polo sobre nome do O MENDRIL e logo ata queria repetirrrr gostoille, carallo se lle gostou, agora por desgracia o tema esta nas mans de outra peor que el a verduleira Abelaidas, mais coñocida por LA ABANDONADA. ¡A ROUBAR QUE SON DOUS DIAS!

    ResponderEliminar
  2. Podiais hablar algo de la huelga de los jueces y el temporal?

    ResponderEliminar
  3. Yo estoy de acuerdo contigo y con muchos de los que han opinado sobre el tema en La Voz

    ResponderEliminar
  4. Me parece lamentable, eu teño que pagar por ires a xogar o fútbol, e non é barato, o mesmo os que xogan o tenis, o paddel, ...., Caixanova e o Celta demostraron o que non nunca se debe facer, e entraron nuns anos de falla de trasparencia que nos levaron a un proceso concursal, e agora ainda que parecen estan cambiando a xente que o leva, quen dice que nom volverán as antigas golondrinas.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.