15.4.07

Outras vibracións

Hoxe en Balaídos reecontrouse o equipo co celtismo, en plan todos-para-uno, e moito dese novo estado anímico ten que ver co novo director da nave, un adestrador que semella cando menos querer estar alegre co que fai. As súas intencións foron ofensivas durante todo o partido: ao fútbol, como a cáseque todo, xógase mellor se o que pretendes é cumprir co obxecto básico e primeiro do choio: neste caso, marcar goles. Nen sequera cando o Celta marcou, e quen máis quen menos pensaba nun cambio conservador, Stoichkov mandou sinais de conformismo e, abrazado ao linier, mantivo a intención gañadora. O resto, xogadores e afección, seica concordamos coa idea.
Do Coruña pouco se supo, nun estadio moi concurrido e baixo un ceo moi celeste.

2 comentarios:

  1. Pan pra hoxe e fame pra mañan.

    ResponderEliminar
  2. Mellor que fame pra hoxe e pra mañán.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.