24.3.07

Vigués distinto




Na época da privacidade e da aglomeración despersoalizada ainda sobreviven cidadáns que como Toñito representan o mellor da nosa diversidade.
Toñito devolve á rúa o seu papel de lugar de comunicación e non só de tránsito.El si que humaniza as nosas rúas. Pasea pola Porta do Sol, no centro mesmo da historia. Lonxe do autismo dos robots adosados ó MP3 que con mirada perdida militan na indiferencia, Toñito reinvindica o vello xesto do transitor na man que tantas tardes de domingo encheu parques e avenidas hai non moitos anos. Faino co volume baixo, achegando ó aparato á orella para non molestar. Pero, acto seguido, levanta a voz : “Empata Osasuna” “Marca el Madrid”. Socializa a súa información sen esperar nada a cambio. E, a diferencia de outros medios, é só información, ofrece datos, sen valoracións, sen envenenalos. Todo un exemplo.
Toñito é un vigues distinto.

5 comentarios:

  1. Feliciades Lorenzo por tan brillante descripción y sugerencia. Y Gracias infinitas a Toñito por dar calorcillo a las tardes del domingo.

    ResponderEliminar
  2. E non hai que untalo a publicidade institucional para que nos cante os resultados en tempo real!!

    Viva os vigueses distintos!

    ResponderEliminar
  3. La medalla de oro de la ciudad para él ¡sin duda y sin peleas!! Algunos que se fijen en él,en muchas cosas como dice Raquel es un buen modelo

    ResponderEliminar
  4. Apuesto cièn a una a que despuès de las pròximas elecciones màs del 50% de los vigueses estaremos como Toñito, cantando hasta la loterìa.
    Puede ser culpa de una transformaciòn genètica producida por el cambio climàtico inducido por la Corina.
    Arre o demo.

    ResponderEliminar
  5. collo prestado o vídeo. Grande.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.