10.11.06

Bicis contra CO2



Recoñezo que vendo a foto sinto algo así como un aire rancio, como cando as autoridades endomingábanse para estar na mesa petitoria da festa da "banderita". Estou convencido que eles -refirome a Lucía e Santiago- saben que a bicicleta non é unha alternativa de transporte para o conxunto da poboación e sospeito que algo terán escoitado sobre o cambio climático e a necesidade de reducir as emisións de CO2 sobre todo porque , en breve, van custar cartos. Sen embargo, dubido moito que o teñan presente no resto das súas actividades. Por exemplo, cando votan a construción de inumerables aparcamentos subterráneos, portos deportivos ou aproban un plan con mil "cidades de" e centros comerciais que basean a súa existencia no automóbil.
Pesía eles, sexan benvidas as marchas ciclistas coma á do domingo 12 ou como tódalas que celebra "masa crítica" os primeiros domingos de cada mes. Supón xuntarse con milleiros de persoas en todo o mundo que son conscientes da urxencia de tomar grandes e pequenas decisións que impidan a degradación do planeta, como ven de manifestar o movemento clima.
Ademáis, andar en bici ou manifestarse permite respirar un aire de libertade e disfrutar dunha forma distinta de ver a cidade.

1 comentario:

  1. Xa sabemos que a bici non é a solución, pero é un pasito mais en favor de mellóraa de calidade de vida.

    Haberá que dar exemplo mañá dia 12

    Roi

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.