8.11.06

Antisindicalismo municipal

A loita pola creación de emprego foi sempre unha das principais bandeiras dos sindicatos de clase. A policía local de Vigo , hexemónica no comité de empresa do Concello, pretende -coa aquiescencia e apoio do goberno municipal do PP- reforzar o seu poder cunha nova subida salarial financiada a costa de facer desaparecer da plantilla nada menos que dezasete postos de traballo actualmente vacantes.

A inexplicable indecisión do grupo municipal do PSOE (partido ao que pertence o policía municipal que preside o Comité) á hora de votar no pleno de mañán en contra da proposta do goberno municipal, podería levar a que se aprobase semellante despropósito. O silenzo das direccións de CCOO, UXT e CIG, sindicatos con representación nese comité, só demostra o desnorte e desmobilización á que ten chegado un sindicalismo que cada vez parece máis dependente da súa condición de subsidiado. Non sabemos que pensarán as súas bases cando ven que unha parte do seu salario -vía orzamentos públicos- se destina a subir o soldo, por enriba do legalmente establecido, aos seus "colegas" que traballan, co posto permanente e sen medo á precariedade, na administración pública. Cousas así acabaranos convertindo, polo menos, en obxectores fiscais. Mal servizo fan, ademais, estes sindicalistas ao seu propio sector funcionarial, que acumula un rexeito social que pode chegar a rematar na fin definitiva da función pública e a xeralización dunha privatización que xa abrangue a máis da metade dos servicios e do presuposto municipal en Vigo.

Hoxendía a policía local representa, con case 400 axentes, o principal colectivo da mermada plantilla do Concello de Vigo. Telos contentos (con aumentos e gratificacións que sumadas dan un salario que para si querería un traballador máis cualificado na empresa privada) supón terse asegurado practicamente a presidencia do Comité. Estamos pois perante de prácticas "sindicais" que poderíamos chamar censitarias.

Na mellor tradición viguesa de singularizarse, o comité de empresa convocou unha asemblea de traballadores coincidindo coa celebración do pleno, nunha insólita manifestación contra a oposición política no Concello.

Alá coa súa conciencia e responsabilidade os que seguen alimentando o medre e a influencia institucional e social dese particular colectivo policial.

FOTO: La Voz de Galicia

21 comentarios:

  1. Non son 17, son 26 los puestos de trabajo que se pretenden eliminar en le concello

    ResponderEliminar
  2. No estoy de acuerdo con que eeliminen puestos de trabajo para subir el sueldo a personas que tienen un buen sueldo ya y además de trabajo fijo.
    Que piensen tanbien en que le estaan quitando el trabajo a

    ResponderEliminar
  3. Los sindicatos no actuan pensando en todos los trabajadores. Ya me gustaría ami tener ese chollo y el sueldo de ahora

    ResponderEliminar
  4. Así cualquiera tienen contento al personal. será mejor todavía si les rebajan el horario. menos horas, mas dinero y menos trabajadores

    ResponderEliminar
  5. y si no son necesarios esos trabajadores ¿que hacian los de antes?

    ResponderEliminar
  6. penso que o millor será non subirlles o soldo e tampouco contratar a máis, non son necesarios

    ResponderEliminar
  7. ¿campaña electoral?

    ResponderEliminar
  8. Desgraciadamente todo lo que estais contando tiene que ver tan solo con la historia de tener contentos a los municipales para que no monten broncan. Aun resuenan en el concello los ecos de la famosa foto de la portada de El Mundo, en la que se podia ver a los locales con su pistolitas de juguete. A pesar de todo me gustaria recordar unas palabritas de Antonio Juste dedicadas a Corina: cuanto mejor te vaya a ti mejor nos irá a nosotros

    ResponderEliminar
  9. Penso que o psoe non debería abstenerse.
    As subidas de soldo millor en enero coma para o resto dos cidadans. E que eses postos de traballo non se perdan si son necesarios,e si non se precisan que supoña un aforro para todos, que non repartan os cartos

    ResponderEliminar
  10. teñen uns bos soldos. Penso cos sindicatos andan de coña, Preocupanse de cousas absurdas

    ResponderEliminar
  11. pagan favores

    ResponderEliminar
  12. pois se montan bronca e o seu problema. Tamen os demais queremos aumentos e nos aguantamos e non lle quitamos traballo a nadie

    ResponderEliminar
  13. mellor que eliminen máis postos, para o que fan algúns

    ResponderEliminar
  14. Lo que pasa con los sindicatos solo tiene una lectura,la descarada simpatía de Antonio Juste hacia el PP, creo que no milita pero poco le falta. Y claro como en politica todo vale, pues alegría, vamos a echarle la culpiña a los de la oposición y listo.

    ResponderEliminar
  15. Pues que le den un carnet honorífico... Se lo ha ganado, si señor

    ResponderEliminar
  16. Y también un paseo a lomos de un caballo del escuadrón ese...
    Que lleve una bolsa por si el caballo caga...

    ResponderEliminar
  17. O que pasa cos sindicatos non ten unha lectura política. É o resultado dos interese corporativos dun sector dos traballadores que atopa neles a vía para a súa promoción económica e laboral, auténticos profesionais institucionalizados no seu cargo de liberados.
    No caso da Policía Local de Vigo, a lectura é moito máis jodida, nun corpo que ten unha merecida mala fama na cidade e que se está a constituir nun grupo de presión.

    ResponderEliminar
  18. ¿pero ser liberado en un sindicato es ser eterno? que sean por menos tiempo y las cosas cambiarán

    ResponderEliminar
  19. Mucho cambiaron las cosas...Siguen viviendo de la fama que adquirieron cuando los sindicatos eran sindicatos, por eso pueden hacer lo que hacen

    ResponderEliminar
  20. mellor que se quiten a careta

    ResponderEliminar
  21. Bien se nota que no eres liberado, porque quien ha probado las mieles de la "representación" ya no puede vivir sin ellas. No creo que haya muchos que hayan vuelto a su anterior puesto de trabajo después de ser liberado. En realidad es un nuevo empleo, pero entre colegas.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.