25.5.06

A longa sombra de Toba Girón

Gustaríame ser un sociologo de postín para me aclarar dos xogos de poder nesta cidade. O último episodio posto en escea no gran teatro do Faro de Vigo, a propósito da candidatura do BNG, é digno de ser novelado e por min podería ser ben titulado como "O Código do Toba".
Os que non sabemos nada do que ocorre no interior dos partidos, temos por costume interpretar a información dos medios tendo en conta que só se publica o que interesa ó medio e a aqueles que teñen influencia. Polo visto na longa travesía do PXOM o Faro e Toba consolidaron unha fonda alianza que permitiu ó segundo ter sempre unha tribuna desde donde lanzar as súas mensaxes. Asi nesta últimas semanas sucederonse entrevistas varias donde foi deixando caer o seu apoio a Santiago Dominguez e a súa dispoñibilidade, sempre as ordes do partido. O pasado xoves, en pleno proceso de propostas orgánicas do BNG, Faro destapa o ofrecemento de Quintana a Manuel Bragado e reproduce unhas apresuradas declaracións do editor decindo que ten que meditalo. ¿Quén filtrou está noticia? ¿Era a súa intención queimar esa posibilidade?
Vintecatro horas despois Bragado di que non vai aceptar e pospón ó sábado a a comunicación oficial da súa negativa a Quintana (Chamativa falla de elegancia por parte do editor, por certo). O Faro aproveita para reproducir declaracións de Toba non só confirmando a súa candidatura senón enviando unha mensaxe a Quintana : o poder de decisión está na asamblea local asi que menos historietas de independentes.
Buscandolle a lóxica a este proceso teríamos que tirar algunhas conclusións:
- Toba manda moito. O crecemento do seu poder ten que estar relacionado co seu papel protagonista na elaboración do PXOM e no goberno de Pérez Mariño, que puido acabar con Castrillo pero deixou no seu sitio ó ex-concelleiro de urbanismo. ¿Como se consegue unha posición así?
- Toba ten apoios sólidos no núcleo duro de poder da cidade, empezando polo medios Faro e Grupo Radio Vigo. Non parece aventurado supoñer que tamén terá que ver co PXOM ainda que non se pode desbotar que o aproveiten para erosionar ó PSOE non principista.
- Sería saludable para a vida democrática da cidade que Toba fora o candidato sometendo así ó veredicto das urnas o seu papel no bipartito vergonzante que nos ven gobernando ultimamente. Poderíamos visualizar así arredor de quen está o apabullante consenso social do que fala.
- Por último, o estudio do caso Toba, por negativo, podería dar pistas de como funciona a máquina laminadora de políticos de Vigo da que, polo momento, ven de salvarse Manolo Bragado.

4 comentarios:

  1. Perdoe, pero cal é a "chamativa falla de elegancia por parte do editor"? Ou é que non lemos o blog de Bragado e opinamos alegremente?

    ResponderEliminar
  2. Estimado Burning: Comprobe as datas das entradas e, ademais, ¿non resulta sorprendente contestar a traves dos medios a unha amable invitación?

    ResponderEliminar
  3. Radio Vigo, televigo, Localia han defendido siempre a Toba pero no porque les importe él, ni el Bloque si no porque saben que él está siempre dispuesrto a hacer la pinza con el PP en contra del PSOE. Resulta estúpido pensar que los defensores y creadores del PXOM van a defender los intereses de otro que no sea el PP.
    Además le está saliendo estupendamente...así que ¿por qué cambiar? Toba es un inocente y su enorme orgullo le impide ver la verdad. Está totalmente cegado y los intesados sacando tajada.....Lo sufriremos los ciudadanos de Vigo

    ResponderEliminar
  4. Anónimo2/6/06 13:03

    Toba es un individuo peligroso que puede eliminar limpiamente a quien no le conviene, sin dar la cara, por eso muchos no tienen agallas de enfrentarse a él.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.