30.3.06

A ETEA: un documento imprescindible

Chéganos, enviado pola asociación de participación cidadá Outrovigoéposible, un interesante documento que elaboraron sobre a Cidade Mar, no que, tras unha ordeada análise e rigorosa argumentación, propoñen un futuro para as instalacións da ETEA, vinculado ao proxecto que auspician a Xunta de Galicia, o Estado e a comunidade científica viguesa. O documento, de lectura obrigada para os que queiran saber cal é o estado da cuestión, titulado Sobre a ETEA, a Cidade das Ciencias Mariñas e a sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pódese baixar da páxina web desta Asociación.

1 comentario:

  1. Anónimo2/4/06 18:23

    Efectivamente, unha lectura moi recomendable!!

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.