1.2.06

¿A qué xogamos?

Deben de estar a facerse cunha baralla, polo que supoño que o choio vai de tute, mus , pócker, ... (pero a estes non lles ía o monopoli?).
Digo isto porque o Concello de Vigo ven de asinar a Carta de Aalborg por segunda vez, polo que entendo que colecciona cartas (consta nas actas que o Pleno do Concello de Vigo do 28/12/01 -toma inocentada- aprobou "Adscribirse ó Grupo de Cidades Europeas cara a sustentabilidade, firmando a Carta de Aalborg"). É certo que desta vez con máis bombo, e con Mao (X.V.) de animador, que sempre mola.
Ao que seguro que non responde é ao compromiso do goberno municipal co desenvolvemento urbano sustentable, nin á sublimación da política (¿) ambiental (?) municipal (que qué é iso?, pois polo de agora: recollida de cacas de cans, control de ruídos -manontroppo e asegún de quén- e ¿algo máis?).
Maquillaxe-foto-maquillaxe-foto-...

5 comentarios:

  1. Anónimo2/2/06 10:36

    Asinan sen ler. Os problemas de miopia fan que todo sexa letra pequena.
    ¡Que desprestixio para unha sinatura e para a Cidade! Esto si que é un aldraxe e non o de Iberia.

    ResponderEliminar
  2. Tiago, fillo, sei que baixaches da pola. Non era sen tempo. ¿Que foi o que pasou? ¿É que alí xa non había sitio para máis?
    Supoño que este será o comenzo dunha longa amizade. En todo caso, ¡sempre nos quedará o blog!
    ¡¡¡Más madera!!!

    ResponderEliminar
  3. Marcos, compañeiro, na pola estase ben, pero de cando en vez baixo, e doume de conta de que é mellor ter unha certa perspectiva. Hai cousas que canto máis perto, máis feo dan e pior cheiran.
    ¿Mus ou pócker?. ¿Tute?

    ResponderEliminar
  4. Truco. Seica cádralle mellor á situación. O "truco" está no de "sustentable", porque semella que o urbanismo sustentable que eles entenden e o que lles proporciona o sustento. Pra min que pensaron que a tal Carta de Aalborg era unha que escribira aquela ministra, culta, de Cultura que ostentabla un peiteado insustentable, non coma o da Corina, que non tes máis que botarlle un planchado e recollelo a modo cá orella perlada e xa está. ¿Non si?

    ResponderEliminar
  5. O que non ten sostén de talla suficiente é o dos TobaVieitez, urbanística e políticamente falando. Manda moito truco de diosss

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.