18.1.06

Un pouco de educación, por favor.


A educación é un deses temas que anima ós noso politicos a poñer a voz trascendente e xurar polo maís sagrado que todo depende dela. A continuación pasan a prometer que os seus desvelos irán destinados á asegurar moita calidade e o mellor servicio posible para a súa nación, rexión, autonomía, cidade, concello (tachese o que non interese).
Tódalas solemnidades parecen virse abaixo ó dia seguinte das eleccións e , nalgúns casos, a súa práctica se encarga de negar e mesmo contradecir as anteriores proclamas. Vexan senon o recén e retrasadamente presentado presuposto do Concello de Vigo. O capítulo de Educación ven de ser alixeirado nuns 1 226 000 € , o que supón unha merma de mais do 11%. Sobran palabras.
Alguén podería pensar que o Concello non ten competencias neste aspecto e polo tanto, non é importante. O caso é que, entre outras, o Concello debe manter tódolos centros de Primaria Públicos. Den unha volta e comprobarán que o que sobran son necesidades.
Tamén é certo que o Sr López- Chaves non debe ter moitas iniciativas que levar adiante a xulgar pola cantidade de retraso que leva a actualización da súa parcela na web do concello. Nin tan sequera poidemos atopar información sobre o Consello Escolar Municipal, órgano que parece traballar na clandestinidade, aínda que, según poidemos saber, ven de celebrar un duro debate sobre se a guía de centros , publicación pagada con cartos de todos, debe incluir ós centros privados concertados. Parece que o Sr. Concelleiro, defensor da paridade Privada-pública, prefiriu deixar as cousas como estaban no que se refire á información impresa. Na rede, sen embargo, xa os inclúe de forma vergonzante (só o nome e sen información complementaria)

4 comentarios:

  1. Os presupostos municipais en Vigo son unha trapallada, entre o que aproban e o que executan hai un mundo cheo de modificacións, transferencias variadas, convalidaciones de gastos irregulares... O PP só presenta os presupostos para facer demagoxia utilizando a prensa para divulgar que a oposición non aproba as súas fantasías animadas, pouco importa o seu contido e coherencia real. Claro que para vestir os grandes investimentos tipo Agustín Arca nas parroquias teñen que vestir o santo para que non cante demasiado rabuñando millonciños en gastos "non productivos". PPmarketing Corina "Perly" Porro.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo con Lopez Chaves O concello debería facer publicidade dos centros privados concertados incluindo tódolos datos: tipo de concerto, cuota legal a pagar, custo do transporte, das actividae complementarias "voluntariamente obrigatorias", custo do uniforme , sistema de selección do alumnado, etc. ¡ Anímese Sr. López Chaves¡ ¡Transparencia!

    ResponderEliminar
  3. Sen esquecer a "doazón"

    ResponderEliminar
  4. En los presupuestos que presenta el Concello disminuyen un 11% los fondos para Educación...Por otro lado prefieren que en la ETEA no se utilice para la cidade do mar, un centro dedicado a la investigación y otros temas del mar, y también al aprovechamiento por parte de los ciudadanos (piscina,...).
    Ya vemos que todo lo que no sea ladrillo en esta ciudad no tiene cavida. Así nos va a la mayoría y así les va a unos pocos....

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.