3.12.05

O galiñeiro municipal axítase

A noticia no Faro de Vigo da inexistencia de medios para o mantemento dos espacios públicos en Vigo pasou desapercibida, aínda que expresaba timidamente o que é un secreto a voces: o médico José Manuel Iglesias Carrera, concelleiro de Vías e Obras do Concello de Vigo non está contento. Dende hai tempo está a ser ninguneado pola actitude depredadora e autocompracente de Corina e Cia. Quen estea coa pituitaria avizor no estercoleiro municipal, saberá que no grupo do PP non se aturan uns a outros, e que case ningún deles atura a Iglesias. Nada extraño se temos en conta que este edil é un home razoablemente culto, educado, pouco ambicioso economicamente e cunha sensibilidade persoal manifestamente superior ós do resto do galiñeiro do goberno municipal e gabinete da alcaldía. Estas características só poden levar no contexto do Concello vigués á marxinación ou ó desastre.
Algunha razón terá para permanecer aínda na Corporación nestas degradantes circunstancias, pero auguramos que non rematará a lexislatura, pois un día si e outro tamén, a voracidade ben da Porro, ben de Iznogood-Figueroa, déixano só perante o perigo nas duras, e fóra de xogo nas maduras.
El saberá o que se xoga.

Foto: www.vigo.org

4 comentarios:

  1. En los mentideros del PP se comenta que lo único que funciona en armonía ahí es la sociedad Corina-Pilar Egea, aplaudida con admiración por la concejala de deportes y turismo Lucía Molares, a la que le encanta el "estilo" de la Porro.

    ResponderEliminar
  2. Debe de ser así ¡nunca había visto a este tipo antes! ¿Es concejal con cartera? ¡¡¡oh!!!

    ResponderEliminar
  3. ¡Que xentiña me Deus!

    ResponderEliminar
  4. A que é repunante de todo é a Marisol Polo, a concellala de distrito, que non recibe aos veciños que ten que atender, "pasa de todo" canto problema acontece no seu distrito e cando ten que cometer algunha obra acude coa sua empresa constructora e contratista "de cabecera" para licitar o proxecto en tantos euros sobre o necesario para así cobrar "baixo corda" uns cantos milesde euros...
    Así o queren facer coa obra dos novos vesturarios da pista polideportiva de Navia. Estade atentiños a xogada.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.