21.12.05

MARCO, un gol da selección galega


A Conselleria de Cultura ven de confirmar a sua merma no apoio ó MARCO vigués e a non disposición a asumir o Museo do Mar de Galicia. Non , non vaian pensar que imos empezar coa canción da marxinación de Vigo. Para iso xa está Corina e a súa asociación de perennes afectadoseunonteñoaculpa.

A cousa está en ver cales van sendo as prioridades da Consellería de Cultura. E , polo momento, a Consellería do vigués Dominguez pon moito interés..na selección galega de futbol.
Hai que decir que o Concello tratou o tema das responsabilidades culturais na cidade nun sesudo debate donde a punto único foi: ¿quen ten que pagar os autobuses para levar ós patrióticos siareiros a San Lázaro? Ou sexa, se se trata dunha operación de imaxe da parte do goberno nacionalista o lóxico e que a pague a Consellería pero por se acaso hai acusacións de falla de galeguismo mellor sería facer un convenio e pagar a medias, ainda que ben pensado a selección galega é un sinal de identidade e toda Galicia (concellos, asociacións, caixas de aforro, constructoras) como un só siareiro debe apoiar.
Como ben é sabido na actualidade a montaxe das seleccións de futbol é un amplo negocio co que a FIFA proporciona unha cómoda vida a centos de directivos, organiza un espectaculo audiovisual do que viven as cadenas de televisión e radio, promociona viaxes, e permite que milleiros de xoves merquen camisetas a 60 euros. Tamén fomenta a competetividade, a agresividade e propoga esterótipos diversos. ¿É esa a cultura da nosa conselleria?
¿De verdade que prefiren pagarlle a Michel Salgado ou a Fernando Vazquez antes que subvencionar o MARCO?
E polo que toca ó Concello ¿por que non mellorar o equipamento da Casa da Xuventade en vez de subvencionar viaxes ? Sona a vello pero ¿é ou non é?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.