11.12.05

A mais grande comisión de afectados

Queixabanse uns políticos e políticas que en Vigo presentar unha iniciativa de goberno supón a creación dunha comisión de afectados, protestas, mobilizacións, en definitiva, follón. Asi non hai que faga nada, laiabanse. Non hai seny nin finezza. ¡Isto é unha aldea!
Pois ben os grupos muncipais coa alcadesa ó frente seica atoparon a solución a ista paralise: decidiron en constituirse nunha grande comisión de afectados. Analisen vostedes as últimas actuacións. Dª Corina escribe cartas ó presidente Touriño pedindo inversións e queixandose da discriminación. O Concello reunese e protestan polo maltrato do Consello do Poder Xudicial, ou polas xogadas de Iberia Airlines, o AVE ou os trens lusos. Mesmo falaron de convocar á cidadanía para expresar o descontento que nos produce tanto ataque exterior. É dicir, o Concello convertese así na máis grande coordinadora de afectados xamais coñecida.
Porque , despois de todo, desde o Concello non se pode facer nada: nin negociar o PXOM, nin elaborar presupostos, nin arranxar ruas (lembren que últimamente só se fai o que paga Zona Franca ou a Deputación)
Eles non son responsables de nada, son uns irresponsables.

1 comentario:

  1. La gran Comisión de Afectados busca soluciones en... "La quinta provincia":
    dedicado a nuestra bienamada y maltratada ciudad. Se plantean problemas y ventajas. Entre los primeros, como siempre, una cuestión de lindes. Entre las segundas, se apuntaban todas las posibilidades que da tener una provincia propia: sede de diputación, delegados provinciales, subdelegado del gobierno, una plaza para Leri (sin olvidarnos de Arca y Soto). Entre las ventajas está también que puede ser un primer paso para reivindicar ser Comunidad autónoma uniprovincial, con lo que además, tendríamos conselleiros y mesmo un presidente, que bien merecido nos lo tenemos. De ahí a perdir el estatuto de nación, un paso, con lo que saldaremos (sólo en parte, claro) la deuda histórica. Qué mejor forma que esta de poder tener vuelos de Iberia, a todas horas y a cualquier parte, AVEs, juzgados de lo Mercantil de lo penal, de lo contencioso y de lo que fagha falta; varias circunvalaciones... y, si me apuras, incluso unos miles de habitantes más en las estadísticas (que siendo independientes podremos manipular convenientemente).

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.