Veño de escoitalo en Euronews (por certo, ¡que magnífico noticieiro!): a máis famosa onda esquerda de Europa, a esquerda de Mundaka, con máis de 200 metros de percorrido, ten desaparecido. A causa máis probable: un dragado realizado para facilitar a saída ó mar dos asteleiros de Murueta.
Por Vigo, continuamos a encher o mar de obstáculos e recheos. O novo espigón da punta da Guía, construído sen apenas enteirarnos, é só un exemplo. O da punta muíños en Alcabre (Faro do Museo do Mar), o do náutico de Canido, a ampliación proxectada para o Peirao de trasatlánticos, ou o previsto macrorecheo de Bouzas, alternativo ó rexeitado do Areal, producirán consecuencias nalgún lugar da ría das que nos teremos que lamentar xa sen remedio.
![](http://photos1.blogger.com/img/219/3438/400/guia.jpg)
Novo espigón da Guía para porto deportivo
Vai sendo hora de entender que a ría non atura máis. Vai sendo hora de xestionar toda a ría e o seu litoral como unha unidade, como un só sistema ecolóxico, paisaxístico, ambiental, económico; singular e delicado, patrimonio de toda Galicia cada vez máis en perigo de desaparición... non vaia ser que a nosa paticular onda de Mundaka tamén desapareza e algo de nós mesmos con ela.
La izquierda de Mundaka en la UVI. Noticia en Masmar.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario