21.5.05

BATALLA DE FLORES

A idea inicial seica queren os do BNG que sexa súa. Meritorio. Coma un pesadelo un Vigo casposo rodará por Policarpo Sanz para traernos novamente unha voz de NO-DO de ultratumba. Corina Porro -nunha entrevista a toda páxina nun diario gratuíto dicía que ela era "esquizofrénica de las flores" (sic)- vai estar hoxe de festa. Este contrapunto pijo das celebracións populares da chegada da primavera, ten un cheiro esencial vilego que arrepía nesta cidade supostamente industrial e cosmopolita.
Non vos deades de baixa aínda desta cidade: quedan algunhas cousas por intentar facer antes.

1 comentario:

  1. Por favor, numéraas.
    (Por certo, pasei logo polo lugar do desfile e confetti e papel, mogollón, restos de flores, ningún -¿Batalla de "papelitos"?-).
    Pais.
    TL

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.