IX ÉPOCA

17.10.09

O Hidria II, é noso

Os vigueses non podemos permitir que este anaco da nosa historia e patrimonio local, desapareza das nosas augas. Se así ocorre, seremos novamente responsables, como o fumos da desaparición do Campaláns, do Roberto, do Illas Ficas e de todos e cada un dos testemuños da nosa historia que a ignorancia e a especulación fixo desaparecer en todos estes anos.
O Hidria II debe ter un lugar destacado no noso Porto, para que poidamos contemplar cada día a súa preciosa liña e navegar co suavísimo toco toc da súa máquina de vapor de 1905. Non teño ningunha dúbida de que tal atractivo é infinitamente superior có da fonte multimedia da mesma Corina Porro que non é quen de atopar 30 metros de cómodo, permanente e accesible atraque para o Hidria II nos quilómetros de litoral que administra.

Como berraban os portuenses meses antes de conquerir rescatar o Coliseu de Oporto para a cidade: O Hidria II... é noso!

Que a sonora buguina de limpo fume branco do Hidra II, como a voz oceánica de Jacobo e Sesé, continúe a cantar polas ondas do mar de Vigo!

4 comentarios:

Ricardolau dixo...

Noso no eh, porque si es así, lo venderíamos nosotros, y lo vende Vapores del Atlantico....
La cuestión es hacer algo porque se quede como patrimonio, y creo que hay gente que sigue este blog que puede ayudar a conseguirlo...
Blog de Vigo

mar de Lempicka dixo...

pero como? Como facer algo polo noso patrimonio? Ben vemos o que lle pasa á panificadora.

Anónimo dixo...

Si Zona franca o el Concello tuviesen algo de dignidad se harían con este pedazo de historia viva, y se dejasen de tanta fuente inserviblo o tanta universiada,(debe ser que esto no tiene mucho margen) y recuerden que todavía está y dará mucho que hablar. Esto no pasa en Cataluña, o Euskadi, y sino verán como este barco acaba por alli.

Sesé Otero. Armadora vapor Hidria Segundo dixo...

Chegou o momento, entre todos conseguirémolo. Necesitamos os donativos, inda que sean pequenos. O vapor Hidria Segundo xa ten atraque en Vigo. Agora mentras o Porto de Vigo prepara o pantalán de atraque, nos os armadores temos que conseguir fondos para reparalo e levalo para Vigo.
Animádesvos?

https://www.paypal.com/pools/c/8fiHdcyBGa.

Gracias.