IX ÉPOCA

25.7.06

O Museo de López Chaves: da propaganda á realidade

López Chaves, está contento co seu museíño. Pode ser jeta ou ignorancia ou ámbalas dúas cousas á vez. Cháves cré que un Museo vén sendo unha sala de exposicións máis ou menos aquelada, na que se colocan pezas segundo vai coincidindo. Chaves cré que os almacéns dun Museo son un lugar onde se acumulan obxectos que, en función de ocorrencias, iranse sacando para expoñer non se sabe onde nin como. Chaves oculta, entre outras, varias cuestións básicas que son –precisamente- as que definen o que é un Museo:

  • Castrelos carece de director e de conservadores: ¡todo o seu persoal redúcese a un par de administrativos e a un puñado conserxes!.
  • Non existe nin programa museolóxico nin proxecto museográfico (iso que Chaves chama -na súa ignorancia- nas súas declaracións ao Faro de Vigo de hoxe "cambiar o guión").
  • Castrelos carece de algo tan elemental e esixible legalmente como un catálogo –que se poida chamar tal- dos seus fondos (dos expostos e almacenados).
  • Os labores de conservación e restauración da colección practicamente non existen, poñendo irresponsablemente en perigo real a preservación para o futuro dos seus fondos.
  • Castrelos carece dun sistema de climatización que garanta que o que alí se expón ou se garda estea nas condicións ambientais mínimas que impidan o seu deterioro.
  • No Museo Municipal non funciona nin se renova a súa biblioteca e centro de documentación e tampouco desenvolve minimamente os obrigados labores de investigación.
Pero, coas cousas así, López Chaves emprega os cartiños de todos en labores de maquillaxe e propaganda, sempre máis fácil e agradecida, nunha cidade que habitualmente comulga con rodas de muíño e cuxo nivel de esixencia cultural expresa está baixo mínimos.

A saliña de arqueoloxía de López-Chaves, será unha exposición simple de obxectos, pois detrais dela non hai absolutamente nada do que se considera científica e legalmente un Museo. E isto a pesar da gran actividade arqueolóxica que vén realizándose nos últimos 15 anos en Vigo –por certo, absolutamente ao marxe do que ocorre no Museo de Castrelos que se limita a “recoller” de calquera maneira os depósitos das excavacións que entregan os seus directores nas dependencias da Finca da Marquesa-. A saliña de arqueoloxía que agora nos ofrece Chaves é, realmente, menos aínda do que había alí hai moi poucos anos, xa que daquela a "sala" actual se completaba cunha sala monográfica sobre o –abandonado- Castro de Vigo e se construía outra nova sobre Vigo romano na planta alta da antiga vivenda de Ángel Ilarri.

Cando López Chaves asocia os “almacéns” do “Museo” Municipal de Castrelos cos Almacéns dun Museo (e salas de reserva), ou pon de manifesto toda a súa ignorancia ou unha caradura descomunal. Os "almacéns" de Castrelos –teñen razón os da Federación veciñal- son obxectivamente un “faiado" ao que van os obxectos que non sabemos que facer con eles; os Almacéns dun Museo de verdade son unha dependencia cun alto nivel de organización, cuns fondos perfectamente inventariados, conservada nas mellores condicións físicas e ambientais para a preservación dos fondos, accesible e aberta á investigación, administrada e xestionada por persoal especializado conforme a criterios técnicos. Consitúen en realidade salas de reserva da coleccion permanente da institución.

López Chaves ten mentalidade de aldea e considera que a Vigo abóndalle cunha pequena exposición permanente nunha soa sala cun par de obxectos por cada fase arqueolóxica. Unha expresión máis do crónico desprezo vigués pola súa historia. Oculta así -se cadra o descoñece- que os fondos relevantes existentes e os que gardan aínda para o seu estudio os arqueólogos directores das escavación -posiblemente máis dos que actualmente se almacenan- sen que ninguén llos reclame, deben dar –mantendo aínda boa parte da colección relevante en almacén- para establecer un discurso expositivo diverso, coherente, ameno e didáctico sobre a nosa historia, dende o paleolítico ata a idade media. Segundo os os expertos, a exposición que a historia de Vigo merece, enchería –canto menos- a sala actual, as salas superiores da vella vivenda e as novas salas da zona ampliada das rehabilitadas caballerizas. Esas salas que hai uns anos se construíron para ampliar a xa ateigada e fosilizada exposición permanente de arqueoloxía e que agora usa López Chaves só para saír na foto inaugural das exposicionciñas temporais que organiza, e nas que gasta os cartos que debera empregar para dotar de medios e persoal ao Museo.

A situación do Museo de Castrelos, lonxe da imaxe de propaganda que dela fai Chaves para tapar as súas condicións reais, require a intervención urxente dos órganos competentes da Xunta de Galicia -obrigada por lei á supervisión da rede galega de Museos- para garantir que o noso patrimonio moble e a investigación sobre o noso pasado non perigue, como ata agora, en mans duns perfectos e irresponsables bocazas... entretidos agora nunha cruzada por recuperar un ungüentario romano retido polas huestes de Pérez Varela (uih! perdón, de Ánxela B.)

19 comentarios:

Anónimo dixo...

Cuando se hizo la autopista Vigo Baiona a la altura del concello de Gondomar se encontró un túmulo que estuvieron excavando unos arqueólogos, creo que de Santiago.
Encontraron restos, entre otros puntas de flecha de silex, una esfera curiosamente "perfecta" creo de granito, etc.... Han pasado un montón de años y no se sabe nada del tema. Como si no hubiese existido esa excavación. Según decían podían tener aquellos restos más de 5.000 años, es nuestra historia.
¿Por qué no se da información de lo que se va encontrando continuamente en nuestros concellos? ¿Quién es el responsable de la custodia y catalogación de lo encontrado? ¿por qué no se exponen en los concellos correspondientes y se hace partícipes a los ciudadanos de estos descubrimientos?.
Tenemos un bajo nivel cultural y apenas sabemos de nuestra historia,
aún hay mucho que hacer en ese campo. Animo a todos los concellos a que intenten recuperar lo que está por ahí tirado en cualquier sitio dentro una caja... y también a que protejan su patrimonio : mámoas, petroglifos, etc....

Anónimo dixo...

Ya opine en un articulo anterior que para mi Lopez Chaves ha sido la gran decepcion de este gobierno local.

Anónimo dixo...

En Chan da Arquiña,aquí en Moaña, se utilizaron lascas de mámoas para hacer mesas del merendero. Supongo que por ignorancia... Es impotante que todos los pueblos conozcan,aprecien y respeten los restos de sus antepasados.

Anónimo dixo...

En la Madroa aún no hace mucho se destrozaron varias mámoas. No entiendo como Cultura del Concello no protege más nuestro patrimonio histórico.
Al estar en solares particulares y por miedo a que tuviesen protección y demás, los dueños de las fincas las destrozaron sin más...
Mucha incultura y barbarie por su parte. Para que eso no sea posible están las instituciones, para evitar que puedan actuar impunemente esas gentes

Anónimo dixo...

Que mamoas destruíron na Madroa? estaban catalogadas? cando ocorreu? foi denunciado?

Anónimo dixo...

En Cha de Arquiña supoño que o que se utilizaron foron "laxas" da mámoa non "lascas" ;-)

Anónimo dixo...

¿Cómo es posible que Chaves diga ahora que llega y sobra con una sola sala cuando hace poco el director de Museo José Ballesta declaraba en los periódicos que los fondos arqueológicos de Castrelos "eran tan importantes" que requerían un Museo arqueológico específico sólo para ellos?. En aquel momento al director le servía esto para justificar el abandono en el que mantenía esa sección del Museo, pues estaría "desbordado". Ahora López-Chaves sigue justificando su inoperancia, pero con el argumento contrario. Este concejal no tiene verguenza y desprecia nuestro patrimonio y nuestra historia queriendo relegar los importantes restos arqueológicos descubiertos en Vigo una pequeña exposición en un espacio reducido.

Anónimo dixo...

Además, si dijo que ya no va a haber Museo en la Villa romana de Mirambell (¡¡¡porque Costas no lo permite!!!!), yacimiento del que se han recuperado al parecer miles de piezas de considerable belleza e importancia ¿dónde las piensa exponer ahora?.

Por lo que me comentan amigos arqueólogos, es cierto que buena parte de las piezas procedentes de excavaciones arqueológicas realizadas en Vigo en los últimos años, permanecen en poder de los directores de excavación para un estudio que nunca parece terminar (y, por lo tanto, substrayendose así la posibilidad de su estudio por otros investigadores y de su contemplación por todos), sin que nadie desde el Museo ni desde la Xunta de Galicia se las reclame ni hagan nada por solucionar semejante atasco.Legalmente tienen que ser entregadas, perfectamente clasificadas, en el Museo Municipal Quiñones de León, en el plazo, creo, que de un año desde que son extraídas.

Por lo que he leído, sólo con los restos romanos de Vigo se podrían hacer, además de una interesante ruta cultural, varias salas: http://www.lavozdegalicia.es/
buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1550451

Anónimo dixo...

Pues eso laxas, pero las utilizaron para las mesas, esto sí lo sé bien

Anónimo dixo...

¿Y los directores de las excavaciones a quien dan cuentas de lo que hacen? Supongo que habrá algún departamento en la universidad o alguien de la xunta.
Que espabilen y entreguen ya los trabajos que realizaron en las distintas excavaciones de esta zona

Anónimo dixo...

Yo no tenía edad y no entendía de denuncias....pero pregunta en Candeán y te lo contarán. Subiendo destrozaron una a la derecha y otra a la izquierda de la carretera. Esas dos seguro, espero y deseo que no más
Hay bastante abandono del patrimonio.¿Quién protege los petroglifos? ¿Y a la mámoas?

Anónimo dixo...

¿Y esos arqueólogos no pretenderán quedarse ellos con el material? ¿Quién controla su trabajo?
No los supongo tan atareados como para tener que tardar años en clasificar los materiale, hacer un trabajo sobre el yacimiento, etc...
Desde el Concello deberían saber qué se hace, en dónde y qué se encuentra...

Anónimo dixo...

Pero si los arquelólogos dicen que apenas tienen chollo... Si no rematan su trabajo es como si no hubiesen hecho nada. Mejor tapar el yacimiento y dejarlo para tiempos mejores, no se trata de excarvar por excarvar

Anónimo dixo...

Los arqueólogos tienen bastante choio. El problema es que la administración no paga nada y el dinero de los propietarios de terrenos y solares no da para hacer la investigación de materiales necesaria... y pasa el tiempo y tienen que comer. El problema no es de los arqueólogos, sino de la administración que no ha planificado nunca la actividad arqueológica en Galicia.

Anónimo dixo...

¿Quién paga a los arqueólogos, por ejemplo, cuando se hace una autopista?
Si no son trabajos urgentes ¿no era mejor que fuesen rematando los chollos antes de pasar a otro? ¿Qué es lo que se paga, excavar o realizar el trabajo completo?
No lo entiendo

Anónimo dixo...

La Xunta tiene que controlar las excavaciones que se hacen en la comunidad. Es la historia de todos.

Anónimo dixo...

Moito me temo que o choio arqueolóxico está moi mal pagado. Toda a actividade faise por urxencia (controis de obras públicas e privadas en zonas protexidas) sen que as administracións interveñan nada máis que en labores de control, en lugar de asumir a súa obriga de fomento, protección e difusión do riquísimo patrimonio arqueolóxico do noso País. Desa maneira uns están a gañarse o substento en cada obra facendo a escavación e como a parte que corresponde a investigación e clasificación e tratamento das pezas extraídas case non se lle paga (xa saíron os arqueólogos da obra e o "problema arqueolóxico" rematou), pois iso queda para o último -e ás veces eterno- lugar. Para o noso prexuízo e o do coñecemento da nosa historia. ¡Que espabile a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que ten plenas competencias nesta materia!. E que espabilen os Concellos que como o de Vigo contan cun gran potencial arqueolóxico: que esixan que se cumpra a legalidade e poñan medios nos Museos para que non sexan unhas institucións mortas, senon auténticas xeradoras de cultura.

Anónimo dixo...

Pues si la administración actua así ¿qué se puede pedir al paisano que tiene un petroglifo, mámoa ,etc...en su leira?
Y los arqueólogos tienen trabajo...mais non tropo....
Si no rematan el estudio de lo encontrado no sirve de nada su trabajo. Claro que es lo más aburrido peor también lo imprescindible para pasar la información al resto de los ciudadanos. Mejor tapar, ya vendrán otros que tengan tiempo y ganas para hacerlo

Anónimo dixo...

Al arqueólogo lo que le gusta es descubrir...Lo de escribir después es un buen rollo pero si no se hace el trabajo es solo para él y a los demás también nos gusta conocer todo lo referente a nuestros antepasados