tag:blogger.com,1999:blog-12798263.post-1154476819113571592006-08-02T01:10:00.000+02:002007-03-21T21:25:51.435+01:00O PXOM de Vigo non se aprobará nesta lexislaturaOu tal vez nunca

A incompetencia, retrasos e irresponsabilidade do equipo redactor do PXOM e dos seus principais valedores o BNG e o PP de Vigo, coas cabezas visibles de Xabier Toba Girón e José Manuel Figueroa Vila, vailles costar caro. A chapuza de Plan que bate o record español (Marbella á parte) de alegacións e informes técnicos negativos e que acumula como único informe favorable o do propio equipo redactor, acaba de ser sentenciado por algo que todos sabían e agochaban: a necesaria aplicación a ese documento, só aprobado provisionalmente, da Lei española que obriga ao sometemento a procedemento de impacto ambiental os Plans de ordenación do territorio. Esta Lei non é máis cá transposición obrigatoria da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Precisamente a tardanza na transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico propio, xa levou ao Reino de España "ao banquillo".

Xa poden dicir o que queiran, pero a única realidade xurídica é que os plans urbanísticos que non estiveran aprobados definitivamente a xullo de 2006, deben someterse a ese procedemento.

Isto significará un retraso mínimo de 6 meses, para unha hipotética aprobación definitiva (sen contar que se deben resolver as cuestións recollidas nos múltiples informes técnicos negativos) e a exposición pública do documento de impacto ambiental, co que as alegacións choverán de novo, pois o Plan fai augas ambientais por todas partes.

Pero non só é cuestión de formalidades relacionadas co tempo de tramitación. O Estudio de sostibilidade que recolle o PXOM aprobado provisionalmente (por certo o que se expuso ao público foi case por completo modificado para enviarllo á Xunta de Galicia) non abondará para servir de base ao Estudio de Impacto Ambiental. Graves problemas van ter agora os defensores desta chapuza de Plan, pois o procedemento de E.I.A. obriga, ademais de a elaborar outra documentación importante, a facer unha comparativa rigorosa, clara, expresa e xustificada entre as calificacións do terreo no Plan anterior e no novo, cuestión que no documento do PXOM aprobado provisionalmente "sorprendentemente" non aparece.

Cantarán por soleares, e se situarán sobre o mapa claramente, agora sí, as recalificacións urbanísticas. Porase así de manifesto, se é o caso, se existiron transacións "casuais" de terreos feitas con anterioridade a que o Plan os recalificase e se multiplicase o seu valor económico por moitos díxitos.

¿Que pasará agora cando todo o peixe estaba xa vendido?. Menudo lío para Chema, Corina e Toba.

Pois nada, a reclamar á UE que son, como todos sabemos, a quintacolumna da conspiración coruñesa que só pensa en fundir Vigo coa colaboración estelar de Mauricio Ruiz, axente europeo por excelencia.

Pablo Eifonsohttp://www.blogger.com/profile/05481875195695103861noreply@blogger.com92