Despois de ler estas novas que sairon na prensa,
entendín un pouco máis o porqué da errática política de emprego deste goberno
municipal. A responsabilidade última das decisións está en mans de quen,
simplemente, non sabe.
Cando máis necesaria é a aplicación rigorosa, obxectiva e
igualitaria das políticas e medidas de apoio ao emprego (coa que está caíndo en
perda de postos de traballo e, do que é pior, de esperanza de telos), o noso goberno municipal entende como o mellor xeito de concretalas (en vez da súa execución
directa, con criterios públicos de eficiencia, igualdade de acceso, etc), o simple reparto de fondos entre entidades máis ou menos amigas (asociacións, sindicatos, etc) para
que estas fagan, literalmente, o que lles pete, contratando a quen consideren
conveniente en cada caso, sen control público, e, iso sí, conseguindo que aquelas lles deban unha e, obviamente, se absteñan da crítica.
Ademais de non propoñer nada novo (nun momento no que o mercado de traballo e as relacións laborais están a cambiar significativamente, facendo imprescindible a innovación e a imaxinación no deseño dos planes e programas para o seu fomento e reactivación), deciden destiñar fondos públicos a suculentos agasallos a esas asociacións e entidades, de xeito impúdico, sen o mínimo control nin criterio en relación co obxectivo final das contratacións que se financian, mediante convenios de colaboración de dubidosa legalidade.

Esto pasa, claro, por poñer ao fronte da concellería de emprego (política e tecnicamente) a xente sen preparación, pero obediente; xente sen criterio, pero sumisa; xente gris, moi de segunda-terceira fila, pero coa garantía de que son, e serán, estómagos agradecidos.
(E o BNG, apoiando a aprobación dos presupostos municipais en
base a que agora si que se destiñan máis fondos para políticas de emprego. Pero
estes, ¿non saben ou non queren saber? Prefiro non pensar en que,
sabéndoo, lles pareza ben... haberá gato encerrado?)