Contan os periódicos que na cidade de Detroit ( a motown, cidade dos coches) non saben como sacar cartos para sanear a súa economía. E a situación é tan grave que na busca de recursos deron orde de valorar a colección de arte da Institución de Arte da cidade (DIA). Por unha vez estase a dar un debate aberto arredor dunha institución moi contradictoria. Os museos, fundacións ou coleccionistas fan intercambios comerciais exactamente iguais que moitos outros: establecen prezos, pagan
intermediarios, manobran nos mercados... Sen embargo, unha vez invertidos os cartos, públicos na maioría das institucións, aparece unha especie de propiedade difusa que abrangue territorios e xeneracións e que é invocada cando algún sacrílego fai propostas como vender arte o pechar museos. Non sucede o mesmo cando se trata de outros patrimonios comúns como o solo das autopistas, o organismo de lotarias ou a lámina de auga.
Deixemónos xa de hipocresias: hai algunha diferencia entre os cadros de Novacaixagalicia e os das galerías de arte? En esencia, non, e por tanto, deberían vendelos para compensar aos aforradores defraudados. Ou non?
Galicia no Mundial: da realidade do 82 á batalla económica do 2030
-
A memoria de Balaídos e Riazor como sedes de España 82 devolve ao presente
unha pregunta incómoda: que cambiou para que Galicia pasase de estar dentro
do...


2 comentarios:
Non é tan sinxelo. O asunto é polémico. En primeiro lugar é unha colección que pertence a cidade, porque ven dos tempos cando a Caixa era municipal e por outra parte sacar toda esa obra ao mercado sería como tirala
Pues me parece una buena idea. Con rigor, que los saquen al mercado, claro que sí.
Publicar un comentario