IX ÉPOCA

25.4.11

Hai 37 anos eran outros tempos



Grandola, Vila Morena
terra da fraternidade
o povo e quem mais ordena
dentro de ti o cidade.
Dentro de ti o cidade
o povo e quem mais ordena
terra da fraternidade,
Grandola, vila morena.

Em cada esquina un amigo,
en cada rosto igualdade,
Grandola, vila morena
terra da fraternidade.

Em cada esquina un amigo,
em cada rosto igualdade
0 povo e quem mais ordena
dentro de ti o cidade.

A sombra duma azinheira
que ja nao sabia a idade
jurei ter por companheira
Grandola a tua vontade.
Grandola, vila morena
jurei ter por companheira
a sombra duma azinheira
que ja nao sabia idade.

"Eu non son nada cultureta" di o rector da universidade de Vigo



Mais ou menos como Belen Esteban-digo eu-http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/04/25/0003_201104V25C8994.htm

17.4.11

ANDRESSOLO

12.4.11

Peloteando ruinas

¿Será posible? Al bueno del teniente y al bueno del subteniente se la sudan nuestros intereses. Ellos, que se han convertido en los reyes del aire, a lo suyo, a favorecer a sus amigos (y cabe suponer que a ellos mismos también) a base de comprarles ruinas por una pastizara a cuenta de nuestros dineros.
Son una tropa con uno de los niveles de inteligencia más baratos de los que se expenden en las fábricas de cerebros: mientras alardean de honestidad, de velar por lo nuestro, de administrar nuestro dinero para favorecernos, se gastan el dinero que no es suyo pagando a diez veces su valor real ruinas que tenían la obligación de haber expropiado.
En toda tierra de garbanzos ésto habría sido considerado un episodio clásico de corrupción. Y, de entrada, les digo que ni me he molestado en buscar la relación entre los propietarios de la casa del Patín (no se pierdan los comentarios de la noticia en Faro) y quienes han decidido su compra, pero lo dejo para sus propias prospecciones al respecto. En lo que a mi concierne, esto se parece como un huevo a otro al asuntillo aquel de la Pinacoteca, inaugurada sin terminar para que el evento entrase en plazo, con el que Santidomínguez y sus consejeros áulicos regalaron a Pancho Janeiro y a Pancho Vázquez un millón de nuestros euros, con toda la faz.
Me fascina comprobar cómo siguen convencidos de que nos convencen. Si no fuera patético, el espectáculo daría para partirse el culo de risa.
Allá quienes prefieran seguir ofuscados y creerse más las mentiras que les dicen que las realidades comprobables que les hemos venido ofreciendo.
Si me vienen las ganas (que últimamente me tienen bastante desanimado estos chicos), prometo bajar de nuevo a las cloacas municipales por si pillo alguna otra rata.
Ah, se me olvidaba: aquí no hay despistados, ni ignorantes de la cosa, ni inocentes, ni farrapos de gaitas; todos (PP, BNG y PSOE con el Caballero al frente) son, como mínimo, colaboradores necesarios en este y los otros desafueros; o sea, cómplices.

11.4.11

O Auditorio de Vigo será outra ruina... para os cidadáns

Levamos anos informando dende estas páxinas sobre as evidentes irregularidades que rodearon a construcción e concesión a Sacyr-Caixanova do Auditorio-Palacio de Congresos de Vigo. Se facemos caso á información publicada hoxe por Carlos Punzón na Voz de Galicia, o pesadelo só acaba de comezar (por se fose pouco o da programación): o novo estudo económico financeiro do concesionario conlevará que os vigueses paguemos outra vez, en millóns de euros contantes e sonante, a cota correspondente polas alegrías dos nosos gobernantes: teremos que "compensar el descenso en la rentabilidad que el concesionario sufrirá por ver reducido el espacio comercial del complejo y haber desaparecido decenas de plazas". Total nada, pagar aos concesionarios 5 millónes de euros e regalarlles 20 anos máis de concesión.
A operación trileira de Caixanova quedaría agora pechada. Consiguen a concesión cun proxecto, rebáixano eles (coa connivencia do Concello) porque non lles resulta xa rendable e, finalmente, fannos pagar a nós polo que eles mesmos propuxeron.

De aqueles polvos veñen estes lodos. A concesión para a construcción e explotación do Auditorio (aínda hai quen pensa que estamos falando dunha entidade pública: nada máis lonxe da realidade) estivo rodeada de graves irregularidades no período no que Corina Porro foi alcaldesa. No procedemento -como sempre que no Concello de Vigo se pretende un gran pelotazo- obviouse escandalosamente o principio de legalidade, acudíuse a firmóns para apoiar as pretensións dos grupos interesados, marxinouse a funcionarios que cumprían co seu deber e, finalmente, atendeuse aos intereses particulares de Caixanova en lugar de defender os intereses de tódolos cidadáns.
Na mellor tradición municipal viguesa, Abel Caballero continou pola senda da Porro e permitíu -por intereses puramente persoais- un cambio irregular do proxecto inicial do Auditorio, admitindo finalmente a execución de un significativamente distinto ao aprobado para a concesión. Un escándalo cuxas consecuencias non foron maiores para os implicados gracias a que ningunha das entidades que concorreron ao concurso reclamaron.
¿A que finalmente, na práctica, non haberá Auditorio de Vigo, tal e como pronosticabamos en Vigoblog alá polo ano 2008?. Se atendemos ao programado e ás perspectivas do que se programará e aos prezos das entradas, podemos pensar que haberá continente, pero non contido.
Xa pouco sangue queda por vampirizar nesta maltratada cidade. Se pensabamos que Finca do Conde ou Miraflores eran as últimas, estabamos trabucados. Vigo aínda atura unhas cantas estafas máis, anestesiado entre xardineiras, macetas, bancos e flores.

Para seguir dende o seu inicio o affaire Auditorio, pincha aquí.

10.4.11

AVE NON!


Aínda estamos a tempo. O AVE é unha inversión ruinosa que só producirá postos de traballos e grandes beneficios na fase de construcción pero que teremos que pagar durante anos. O AVE ademáis terá un funcionamento deficitario. Non é demagoxía, lean ao vigues Antón Costas:

La inversión en el AVE de pasajeros es el mayor agujero negro de la historia sobre los presupuestos públicos. La razón también es muy clara. Los ingresos por venta de billetes no llegan a cubrir un tercio del coste del servicio. Los otros dos tercios van a cargo de los Presupuestos del Estado. Según estudios de la Comisión Europea, la alta velocidad no es rentable por debajo de nueve millones de viajeros al año. Ninguna línea española llega a ese volumen. ...la prioridad al AVE radial con Madrid ha postergado las líneas ferroviarias de mercancías con origen en los puertos y destino los mercados europeos. Por este lado, el AVE no aportará mucho a la mejora de la competitividad.

Fomento dí agora que entrará o capital privado polo que teremos que pagar intereses á longo prazo incrementando a factura.
Xa sei que me estou aliñando cos "enemigos" de Galicia que tamén cuestionan a construcción do AVE. Pero isto xa o dixemos hai catro anos e o argumento de que "agora que o teñen todos como imos quedar nos sin el" non é moi racional que se diga. Non se trata de competir sin maís. Para iso xa pagamos a Cidade da Cultura.
Hai que sacar camións das carreteras, hai que reducir o tempo de desprazamento entre os campus universitarios e os aeroportos para racionalizar universidade e viaxes aereos, hai que facer cercanías e metros lixeiros para diminuir a contaminación o consumo de enerxía e aumentar a calidade de vida. Para todo isto, o AVE NON.

9.4.11

La peli friki del sábado

7.4.11

Non por vello senon por malo, Gayoso e Cia. deben cesar.

O viguismo desenfrenado do alcalde lévao a defender ao presidente de NCG sen deterse a pensar que foi Gayoso e os directivos das dúas caixas os responsables na desfeita. Ten razón cando di que Feijoo tamén o é. E Ordoñez, e... poderíamos poñer uns cantos máis. Pero o certo é que, como en Islandia, os executivos deben pagar polos seus erros.
Non se trata de enmascarar a petición de responsabilidades metendo por medio a idade. Deben sair da caixa non por vellos, senon por ineptos.
E tampouco se entenden esas filtracións dos créditos das deputacións, concellos e partidos. Só é chantaxe ou a fumareda para decir que todos son culpables do desastre.
En realidade, os problemas veñen polos créditos a promotores, contructores e na participación en industrias endebedadas que hoxe están devaluadas no mercado. Diso podería falar Paz Andrade presente nos Consellos de Caixa Galicia e de Pescanova.
Agardemos que os inversionistas "galegos" que con tanto afán buscan Xunta e NCG non acaben sendo estes mesmos que estiveron aproveitando a súa influencia. Lembren o caso do Banco Galego, propiedade de Caixanova, donde os creditos ian parar nos accionistas minoritarios.
Xa que imos salvar NCG cos noso cartos ( what else? que diría George) , a nacionalización "light" polo FROB debería servir para poñer no seu sitio a estes directivos: na rúa

5.4.11

! me encanta!