Moin ben, Pachi. Así de rotundo. Pero no patio non parece que che fagan moito caso os rapaces. Chema dí que quere seguir coa pelota en Baiona, Abel que non lle toquen á súas e Perli xa non sabe o que dí. Polo visto, o cambio de castigo que acordachedes - cumplir a lei pola vía rápida en vez de pola lenta- non aclara nada a cousa e, moito me temo, que ós vigueses estamos, non sei se engañados, pero, seguro, abraiados de tanta incompetencia.
O problema do saneamento é o máis grave co que se atopa ó conxunto da Ría de Vigo. Pero é a cidade de Vigo a que ten a maior responsabilidade na xestión da desfeita. E un dos erros máis graves consiste en reducir o problema á construcción dunha nova depuradora. Como temos repetido moitas veces neste blog, as causas da deficiente depuración de augas en Vigo son:
- a inexistencia de redes eficientes e separadas para augas pluviais e fecais.
- a irresponsabilidade do concello no control de verquidos industriais
- a irresponsable xestión da EDAR do Lagares
Estamos fartos xa do xogo tonto do goberno municipal tratando de pasar o tema á Xunta. Estamos fartos de ver como a alcaldesa agacha detrás de frases rimbombantes como que o importante é salvar a ría ( Poña a traballar as inspeccións e cale, por favor!) Estamos fartos da ignorancia de Chema Figueroa asegurando que os verquidos da depuradora deben ir mar adentro ( sabe o que é unha depuradora que funcione ou pensa que todas son coma os do Lagares?) ou cando mide o impacto ambiental polo número de luces prendidas nunha correría nocturna por Silleiro. Estamos fartos de que hoxe haxa que explicar, outra vez o que se dixo onte. Estamos fartos de que Vietez considere o saneamento como un feito puntual pero que o relevante sexa aprobación do PXOM. Ou sexa os ladrillos. Estamos fartos dos apaños legais para salvar irresponsabilidades.
De acordo, Pachi, que non nos engañe nin dios, pero nin dios eh?.
Paulo Carlos López (Sumar): "Se Sumar Galicia está, hai cambio, se non
está, non"
-
Fixa como meta chegar a 2028 cun proxecto "sólido" para "un cambio
político" en Galicia con alianzas con BNG e PSdeG, pero non con Sumar pola
súa política ...
3 comentarios:
Pues será o no política pero cada cual tiene que resolver lo que le toca y ahora es el concello el que tiene que marcar un lugar dentro del concello de Vigo para la depuradora. No vale pasarle la pelota a otro cuando nos interesa. Los cargos son así, también llevan unidos responsabilidades. Sería bueno que en el concello repasasen lo que acataron cuando cogieron el mando.No todo son fotos y sonrisas, así cualquiera. En las dificultades es donde se luce el que vale...
Tanto falar da depuradora e a nandie se lle ocurre depurara esta trapallada de concello.
Podrás hacerlo en las próximas elecciones
Publicar un comentario